| |

CONTIDOS
1. COMBOS (seis niveis de progresiva dificultade)
-Estilos: Blues, swing, Be-Bop, bossa, funk, latin, Pop...
2. HARMONÍA, ANÁLISE e TÉCNICAS DE IMPROVISACIÓN
3. COMPOSICIÓN E ARRANXOS (para distintas formacións instrumentais)
4. IMPROVISACIÓN VOCAL: Técnica vocal e coro
DIRIXIDO A:
Persoas con coñecementos musicais que desexen achegarse á música moderna.
Persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a linguaxe empregada nos distintos estilos da música moderna.
Músicos profesionais, semiprofesionais ou estudantes coa necesidade de ampliar os seus recursos para a interpretación, a improvisación, a escoita, a creación, etc...
Profesores que fan ou queren facer música nas aulas. No seminario ampliasen os seus recursos pedagóxicos.
Poderán participar no seminario músicos de calquera especialidade instrumental.
INFORMACIÓN ADICIONAL:
- Os grupos practicarán estes contidos nun repertorio axeitado ao seu nivel e composto por temas de diferentes estilos.
- Os grupos de traballo formaranse de acordo co nivel teórico e instrumental dos alumn@s.
- O grupo-Iniciación estará formado por alumn@s de 12 anos en diante e con coñecementos básicos de instrumento.
- Os asistentes recibirán un diploma acreditativo ao final do seminario.
- Ao longo da semana alumnos e profesores terán a oportunidade de participar en diversas sesións musicais organizadas en distintos puntos de Monforte de Lemos.
- As prazas son limitadas e asignásense por orde de inscrición.
- Os participantes do seminario terán que levar o seu instrumento, agás
pianistas e bateristas.
- Todos os participantes deben traer un atril debidamente identificado.
- O coordinador e os profesores estudarán as solicitudes para que elixir o nivel axeitado a cada alumno.
HORARIOS:
Aulas teórico-prácticas. Conservatorio Profesional de música "Mestre Ibáñez":
10:30 H a 13:30 H 16:30 H a 18:30 H
MATRÍCULA:
Prezo: 100 €
As inscricións poderán enviarse por correo postal, fax, ou por correo electrónico.
ALOXAMENTO:
Prezo: 30 €, só estanza. Entrada a noite do domingo 16 e saída a mañá do domingo 23
N º de prazas dispoñibles: 30. Asignadas por orde de inscrición
Reservas aloxamento: 986 84 41 04 / 659 47 43 52
A organización facilitará información sobre outros aloxamentos e restaurantes.
ORGANIZACIÓN:
A.C A Tempo - Escola de Música
Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra
teléfonos:986 84 41 04 / 659 47 43 52
fax: 986 84 41 04
http://www.novasmusicas.com
atempo.org@gmail.com
|