| |
Iñaki Askunze (saxofón)
“Premio de Honor” do Conservatorio de San Sebastian. Estudou en Berklee Collage of Music de Boston onde gradúase co grao de "Magna Cum Laude" en Interpretación e Composición. Profesor de Harmonía e Arranxos no “Taller de Musics” de Barcelona. Profesor na especialidade de Jazz de Harmonía, Arranxos, Composición e Combo no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene) e de Composición no Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate de Pamplona. Director da “Pirineos Jazz Orquesta”.
Dee Jay Foster (contrabaixo e baixo eléctrico)
Graduado no Berklee College of Music, de Boston. Estudia con Pat Martino, Dave Liebman, Joe Lovano, entre otros. Toca e graba en Boston e Nova Yorke con artistas como Hal Crook , Ian Froman, Bob Gulloti, entre outros. No 2005, e elexido por Herbie Hancock e Wayne Shorter como un dos tres finalistas para o "Thelonious Monk Institute of Jazz" en Los Angeles. No 2006 toca en San Francisco, con Mark Levine, Barry Finnerty, e Mel Martin.
Joan Díaz (piano)
Pianista e teclista. Participou en Festivais Internacionais de Jazz como os de Barcelona, Terrassa, San Sebastián, La Paz, Quito, Essakane ou Leverkussen. Ao longo da súa traxectoria profesional gravou unha trintena de discos. Como líder publicou Mostrebú, Dalirògenia, Spanish Wah Wah i We sing Bill Evans. Compuxo música para cine e televisión (Hotel room, Krampack i Na cidade son un exemplo). Estreou espectáculos audiovisuais como "O centre do món", "Dalirògenia" i "Electra", un espectáculo de danza.
Recibiu o premio ao mellor pianista do ano que concede a AMJC en varias ocasións. Finalista dos premios ARC do 2006.
Mamen Bautista ( Iniciación, clarinete, baixo eléctrico, voz )
Diplomada en MAGISTERIO MUSICAL, Profesora de CLARINETE
destaca a súa participación en numerosas actividades , como Concertos Didácticos organizados por diferentes escolas como profesora e música ( clarinete e clarinete baixo ).
Participa en cértames, festivais e concertos de diversa índole coa Banda da Asociación Musical Grau de Gandia. Compoñente do grupo de fusión “Andergrau “ ( baixo, guitarra e voz ), compoñente do grupo de ska-fanfarria “ Semenéska “ ( tocando baixo eléctrico, clarinete e clarinete baixo ).
Ramón Prats ( batería )
O baterista catalán, Ramón Prats, licencíase en bateria jazz na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC)
Participou en diferentes seminarios de jazz con profesores como Dave Liebman, Kurt Rossenwinkel, ou Judy Niemack. Tocou en varios festivais de jazz como o de Terrassa, Getxo, Sardeña, Madrid, Valencia, Ibiza... e ten compartido escenario con figuras do jazz catalán: Joan Díaz, Rai Ferrer, David Mengual, Dani Pérez e outros como Perico Sambeat, Martirio, Esperanza Spalding, Greg Ward, Ryan Blotnick ou Larry Price.
Actualmente forma parte de grupos como Adel Lee Davis Big Band (CD editado), Mediterraneum Ensemble (DVD editado), Karión (CD editado), Apnea (Laia Cagigal Quartet) e Nins7.
Ramón Prats xunto ao baterista, Albert Cirera forman Duot, unha proposta musical baseada no dialogo, a improvisación o xogo e a creatividade entre ambos os dous músicos.
Celia Mur ( voz )
Vocalista de jazz de formación clásica, flamenco e moderno guiado polo seu pai o compositor e guitarrista granadino Antonio Fernández de Moya.
Estudou no Conservatorio de Música de Granada, Barcelona e NYC (con Sheila Jordan, Jay Clayton e Barry Harris) así como na Associated Board of Royal Schools (Londres) onde se diploma en canto clásico.
Ten tres CDs publicados en España: "Footprints" (Satchmo 2001), "As flores da miña vida" (Satchmo 2003) e "Coloreados" (Ámbar 2005) e numerosas colaboracións con outros artistas entre os que destacan Raúl Alcover, Granada Big Band, Miguel Ríos e Kiko Aguado.
Cabe destacar a súa ultima gravación, " SIMPATIA", unha produción que levou a cabo en NYC e en Zürich, para a que contou con músicos e amigos de excepción (Antonio Sánchez, Ben Street, Mark Turner, Chris Wiesendanger, Antonio Campos...). Editada en 2009 polo selo discográfico londiniense "Rhythm and Muse".
Asi mesmo está en proceso de edición o seu traballo “ In a sentimental Duke “ onde colabora co grupo FAT CATS
Actualmente é docente de canto moderno en diversos seminarios e talleres específicos
Xirou por diferentes espazos escénicos dentro e fóra de España:
Festivais internacionais de Jazz, en España: Festival de Granada, Getxo, Eivissa, Tarrasa, Málaga, Sevilla e Valencia, Monforte de Lemos entre outros, con Perico Sambeat, Ramon Cardo, Ricardo Belda, Fabio Miano, Benny Golson en 2004, Bob Mintzer en 2003, Mike Mossman en 2002, Dave Samuels en 2005 e Vince Benedetti en 2006.
Miguel Ángel Rodríguez (Coordinador):
Profesor Superior de saxofón ,profesor de Secundaria, na especialidade de Música. Director da Big Band “Tejina”, coa que participou na 1ª edición do festival de jazz de La Laguna. Director da orquestra “División Musical”do I.E.S Xunqueira 1, cos que ten gravado o disco “Rock no ensino público”.
|